VOLUNTARIADO XUVENIL "VAL DO ULLA"

DESCRICIÓN:

No programa de voluntariado xuvenil "VAL DO ULLA 2017" participaron un total de 20 mozos/as de entre os 16 e 30 anos dos concellos de Vedra e Boqueixón.

O proxecto constou de catro fases: captación de voluntariado, formación, execución das accións previstas e avaliación.

En base ás diferentes necesidades detectadas no territorio artellouse este programa en cinco liñas de intervención:

  • Accións ambientais (labores de concienciación, vixianza e limpeza de vertedoiros incontrolados ...)

  • Atención aos peregrinos (atención aos peregrinos/as que transitan pola ruta da Vía da Prata do Camiño de Santiago )

  • Accións de animación e desenvolvemento comunitario (actividades lúdico- educativas, onde as persoas voluntarias participan nos diferentes programas: Ludoverán, Verán Activo, Acamparte, Dinamiza Piscina, Campos de traballo...)

  • Accións deportivas (apoio aos Campus deportivos, Goza do Ulla, Descenso do Ulla...)

OBXECTIVOS:

Obxectivos xerais:

  • Promover a cultura solidaria e a participación activa na acción voluntaria.

  • Fomentar valores de solidariedade, civismo... entre os/as participantes no programa.

Obxectivos específicos:

  • Prestar atención ós/ás peregrinos/as a través da acción de voluntariado.

  • Desenvolver accións de voluntariado no apoio a actividades de sensibilización medioambiental.

  • Promover un desenvolvemento sociocomunitario no ámbito dos concellos a través de accións de voluntariado.

  • Favorer a realización de voluntariado na área de deportes.

METODOLOXÍA:

A metodoloxía elixida e posta en práctica entendemos que foi a axeitada. Partiu da dinamización sociocomunitaria; sendo participativa, a través da cal se implicou ao persoal voluntario e ás persoas beneficiarias.

Desenvolveuse unha atención directa e específica en cada unha das actividades-intervencións do programa.

Con anterioridade a iniciar a acción voluntaria, realizáronse unhas xornadas formativas específicas sobre o labor a desenvolver.

Cada voluntario/a contou cun proxecto personalizado.

A distribución de tarefas e responsabilidades foi a adecuada. Contouse co compromiso individual de tódolos voluntarios/as.

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar