VOLUNTARIADO XUVENIL "VAL DO ULLA"
DESCRICIÓN:
No programa de voluntariado xuvenil "VAL DO ULLA" participan un total de 20 mozos/as de entre os 16 e 30 anos dos concellos de Vedra e Boqueixón.
O proxecto consta de catro fases: captación de voluntariado, formación, execución das accións previstas e avaliación.
En base ás diferentes necesidades detectadas no territorio artéllase este programa en cinco liñas de intervención:
-
Accións ambientais (labores de concienciación, vixianza e limpeza de vertedoiros incontrolados...).
-
Atención aos peregrinos (atención aos peregrinos/as que transitan pola ruta da Vía da Prata do Camiño de Santiago).
-
Accións de animación e desenvolvemento comunitario (actividades lúdico- educativas, onde as persoas voluntarias participan nos diferentes programas: Ludoverán, Verán Activo, Acamparte, Dinamiza Piscina, Campos de Voluntariado...).
-
Accións deportivas (apoio a Campus Deportivos, Goza do Ulla, Descenso do Ulla...).
OBXECTIVOS:
Obxectivos xerais:
-
Promover a cultura solidaria e a participación activa na acción voluntaria.
-
Fomentar valores de solidariedade, civismo... entre os/as participantes no programa.
Obxectivos específicos:
-
Prestar atención ós/ás peregrinos/as a través da acción de voluntariado.
-
Desenvolver accións de voluntariado no apoio a actividades de sensibilización medioambiental.
-
Promover un desenvolvemento sociocomunitario no ámbito dos concellos a través de accións de voluntariado.
-
Favorer a realización de voluntariado na área de deportes.
METODOLOXÍA:
A metodoloxía elixida e posta en práctica entendemos que é a axeitada. Parte da dinamización sociocomunitaria; sendo participativa, a través da cal se implica ao persoal voluntario e ás persoas beneficiarias.
Desenvólvese unha atención directa e específica en cada unha das actividades-intervencións do programa.
Con anterioridade a iniciar a acción voluntaria, realízanse unhas xornadas formativas específicas sobre o labor a desenvolver.
Cada voluntario/a conta cun proxecto personalizado.
A distribución de tarefas e responsabilidades foi a adecuada. Contouse co compromiso individual de tódolos voluntarios/as.