VOLUNTARIADO EN CAMPO DE REFUXIADOS EN FRANCIA

NOME Melania Baltasar Otero VECIÑA DE Vedra TÍTULO DO PROXECTO London Calling LUGAR DE REALIZACIÓN Francia (Calais) DATAS DE REALIZACIÓN do 03/06/2016 - 11/06/2016.

DESCRICIÓN DO PROXECTO: Somos dúas amigas do concello de Vedra que dicimos levar a cabo este proxecto por iniciativa propia. Ante a gran crise de refuxiados que estamos a vivir tan de preto, quixemos poñer o noso gran de area e non só axudar dende aquí, senón ir a axudar onde máis falta fai, nun campo de refuxiados.

Eliximos Calais (Francia) por proximidade, e por ser un campo bastante coñecido, ademais de albergar un gran número de refuxiados.

Decidimos ir a axudar 9 días (o que cabía dentro das nosas posibilidades), confesando que se nos fixo escaso o tempo.

FINALIDADE-OBXECTIVOS:

A nosa finalidade era dar o mellor de nós e traballar ao máximo para poder axudalos o máximo posible e poder facer todo canto estivera nas nosas mans. Aparte do anteriormente citado, tamén queriamos coñecer de cerca a situación que está vivindo toda esta xente, porque non é o mesmo sabelo de oídas, que estar alí con eles.

RESULTADOS A DESTACAR:

Conseguimos coñecer a situación de preto e entender un pouco mello o que está a acontecer. O mello de todo foi coñecer a situación de toda esa xente, e dos seus países, escoitando as historias de boca de varios refuxiados de diversos países.

OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:

Esta é a miña primeira experiencia de voluntariado.

VOLTAR A EXPERIENCIAS DE VOLUNTARIADO INTERNACIONAL

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar