VOLUNTARIADO EN CAMPO DE REFUXIADOS EN FRANCIA
NOME María Espiño Albela VECIÑA DE Vedra TÍTULO DO PROXECTO Non sin eles LUGAR DE REALIZACIÓN Francia (Calais) DATAS DE REALIZACIÓN do 03/06/2016 - 11/06/2016.
DESCRICIÓN DO PROXECTO: O proxecto foi unha decisión con unha amiga. Decidimos que queríamos realizar algún tipo de voluntariado para probar novas experiencias e debido a difícil situación de numerosos países en guerra a idea de vivir a experiencia de visitar e axudar nun campo de refuxiados non pasou desapercibida. Buscamos por conta propia unha ONG que traballara no campo de refuxiados en Calais debido a proximidade e a facilidade do idioma, que a pesar de ser en Francia a ONG era inglesa polo tanto co resto de persoas que traballabamos día a día falaban inglés. Tras 9 días alí, fíxosenos corta a estancia, pero sen dúbida motivounos para continuar realizando este tipo de proxectos.
FINALIDADE-OBXECTIVOS:
Intercambio de culturas, solidariedade con outros países, experiencia persoal, axuda internacional, gañar valores, estabelecer contacto con persoas que viven situacións de decadencia, coñecer como é a vida nun campo de refuxiados, coñecer historias de primeira man, desenvolverse nun lugar novo...
RESULTADOS
A DESTACAR:
A relación e diferenzas entre culturas, a aprendizaxe de valorar o propio e as pequenas cousas, a importancia da familia, de agradecer o que temos, a necesidade de axuda que hai no mundo, as sensacións de escoitar as historias dos refuxiados e darse conta do importante que é escoitar aos demais.
OUTRAS
EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:
Intercambio de 5 días con alumnado de Alemania.