CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL EN VIETNAM

NOME Antonio Vázquez García VECIÑO DE Vedra TÍTULO DO PROXECTO Experiencing Culture with Ethnic People at BUOC Village LUGAR DE REALIZACIÓN Buoc Village (Vietnam) DATAS DE REALIZACIÓN agosto 2015.

DESCRICIÓN DO PROXECTO: O proxecto consistía na convivencia nunha aldea dun grupo étnico vietnamita, levando a cabo labores de diversa índole. No meu caso a actividade principal foi a construción dunha reserva de auga durante o día e estar cos nenos da aldea durante as tardiñas.

FINALIDADE-OBXECTIVOS:

A finalidade principal é conseguir que a vila de Buoc, unha pequena aldea duns 100-200 habitantes, consiga pouco a pouco infraestruturas precisas para unha vida digna para os veciños. Como finalidades secundarias van a ensinar outras realidades para os voluntarios.

RESULTADOS A DESTACAR: 

O que eu máis destacaría pola miña parte foi ver outra realidade tan diferente á nosa, e sen embargo nada do que alí sucedía resultaba distinto das cousas que conta meu pai cando era neno. Descubrir que por moi distintas que sexan as realidades en todos os sitios as cousas semellantes son maiores que as diferentes.

OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:

  • Intercambio Europeo en Oporto (Portugal).

  • Intercambio Europeo en Sofía (Bulgaria)

  • Intercambio Europeo en Rumanía

  • Intercambio Europeo en Polonia.

VOLTAR A EXPERIENCIAS DE VOLUNTARIADO INTERNACIONAL

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar