VOLUNTARIADO EUROPEO EN GRECIA

NOME Eva Suárez Mougán VECIÑA DE Trobe TÍTULO DO PROXECTO Let´s play together in the kindergarten of velo-vocha LUGAR DE REALIZACIÓN Grecia (Zevgolatio, Concello de Velo-Vocha) DATAS DE REALIZACIÓN do 14/05/2014 ao 14/11/2014.

DESCRICIÓN DO PROXECTO: Axudar ao profesorado da gardería a coidar nenos/as entre 3 e 5 anos. As miñas tarefas eran:

  • Vixiar aos nenos/as durante a súa estancia na gardería.

  • Participar na organización de talleres de pintura, música e artes plásticas.

  • Realización de manualidades cos nenos/as.

  • Xogar con eles no seu tempo libre.

  • Axudar os nenos/as no seu aseo persoal (lavar as súas mans, cepillar os dentes, utilizar o baño e cambiarlle a roupa no caso que o precisasen).

  • Servir o almorzo e o xantar.

  • Recoller e limpar as mesas.

  • Colaborar en eventos culturais (festival de fin de curso).

FINALIDADE-OBXECTIVOS:

  • Comunicarse en outras línguas
  • Traballar en equipo
  • Traballar con nenos, diseñar talleres para os nenos, aprender novas metodoloxías educacionais, desenrolo da creatividade, aprender con eles
  • Aprender a cooperar e convivir con persoas de outros países
  • Aprender a valorar distintas culturas, ideas, emocións, tradicións
  • Interactuar coa xente local e implicarse na organización e participación de actividades locais

RESULTADOS A DESTACAR:

  • Amizades únicas
  • Mellora e perfeccionamento do inglés e coñecemento dunha língua como o griego
  • Maior seguridade e confianza nun mesmo
  • Concienciación da aportación do voluntariado arredor do mundo
  • Solidariedade e Cooperación
  • Coñecementos de outras culturas e tradicións
  • Crecemento persoal
  • Viaxes e experiencias inolvidables
100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar