INTERCAMBIO XUVENIL EN BULGARIA

NOME Charo Canicoba Castro VECIÑA DE Ponte Ulla TÍTULO DO PROXECTO Coñecendo o mundo que nos rodea e atopando novos horizontes. Comportamentos verdes para as próximas xeracións II LUGAR DE REALIZACIÓN Bulgaria (Aprizltzi) DATAS DE REALIZACIÓN do 29/07/2012 ao 10/08/2012.

DESCRICIÓN DO PROXECTO: 

  • No proxecto participamos un total de 35 persoas de 5 países distintos, 7 persoas por país invitado.Os países participante foron os seguintes; Bulgaria, Italia, Lituania, Hungría, España.

  • Tanto as actividades como a estadía foron nun pequeno hotel que alugamos por completo, e que contaba con espazo no interior para desenrolar as sesión teóricas e un gran xardín con piscina para os momentos de descanso e as actividades ao aire libre.

  • A temática do intercambio foi o medio ambiente. A maioría das actividades e sesión se levaron a cabo dende un punto de vista teórico, polo tanto a metodoloxía de traballo consistía en distintas sesión nas que se debatían os diferentes aspectos e en materia ecolóxica e ambiental de maneira que cada día se falaba dun tema, por exemplo un día reciclaxe, outro día enerxías renovables...

FINALIDADE-OBXECTIVOS:

O obxectivo do intercambio foi facer unha posta en común sobre os beneficios e oportunidades que aporta o uso de enerxías renovables e non contaminantes, a reciclaxe e consumo responsable e a ecoloxía industrial, así como tamén, buscar solucións para a creación de emprego xuvenil dende un punto de vista medioambiental e sustentable.

RESULTADOS A DESTACAR:

  • Os participantes tiveron a oportunidade de coñecer en profundidade os beneficios de vivir dunha maneira sostible e respectuosa co medio ambiente.

  • Coñecer e comparar a situación de cada un dos países participantes en xestión medio ambiental, e propoñer areas de mellora.

  • O intercambio permitiulles tomar contacto non só ca cultura, historia e gastronomía do país de acollida senón tamén ca dos países invitados.

  • Os voluntarios tamén puxeron en práctica os seus coñecementos de inglés durante os 15 días que durou o intercambio.

OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:

Participei noutro intercambio en Polonia co concello de Boqueixón.

VOLTAR A EXPERIENCIAS DE INTERCAMBIOS XUVENÍS

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar