INTERCAMBIO XUVENIL ERASMUS+ EN PORTUGAL
NOME Tais Couto Carbia VECIÑA DE Trobe TÍTULO DO PROXECTO Celta! Eu? LUGAR DE REALIZACIÓN Viana do Castelo (Portugal) DATAS DE REALIZACIÓN do 27/07/2015 a 03/08/2015.
DESCRICIÓN
DO PROXECTO: O
proxecto levado a cabo foi un intercambio trilateral en Portugal, con
tres nacionalidades distintas: francesa (con participantes da Bretaña
francesa), española (con participantes do Concello de Vedra,
Galicia) e portuguesa (Viana do Castelo, AJD). A temática a tratar
neste intercambio eran os antepasados comúns nestes tres pobos, os
celtas, xa que habitaran en Galicia, Portugal e Francia.
FINALIDADE-OBXECTIVOS:
- Ver as semellanzas e diferenzas entre os tres pobos.
- Ver que aportaron os celtas nas diferentes culturas.
- Empatizar entre as distintas culturas.
- Aprender danzas ou música aportada polos celtas no resto das culturas.
RESULTADOS
A DESTACAR:
Levouse a cabo un proxecto final que foi un libro escrito polos participantes con tres microrelatos narrados e ilustrados por eles, ademais dunhas entrevistas que se lles fixeron. Por outra banda, a nível persoal creo que foi para todos/as unha experiencia positiva para as tres rexións
OUTRAS
EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:
Campo de Traballo e outros intercambios europeos