INTERCAMBIO XUVENIL EN VEDRA
NOME Pablo Chenlo Lobato VECIÑO DE San Miguel de Sarandón TÍTULO DO PROXECTO Algo noso 2.0 (ACUXUVE) LUGAR DE REALIZACIÓN Vedra DATAS DE REALIZACIÓN do 11/08/2016 a 20/08/2016.
DESCRICIÓN DO PROXECTO:
"Algo noso 2.0" foi un proxecto que buscou promover un intercambio entre xóvenes de Galicia e Portugal que tiña como finalidade recuperar e promocionar a cultura e as tradicións de ambos territorios. De igual modo, buscou tamén cubrir a necesidade de ofrecer alternativas de ocio á mocidade no seu tempo libre.
Esta iniciativa consistiu nunha convivencia; un encontro de 30 xóvenes dos dous países socios cunha base sociocultural e histórica compartida. Durante o intercambio leváronse a cabo actividades de ocio educativo e cultural que buscaban a retroalimentanción, é dicir, unha aprendizaxe cooperativa.
FINALIDADE-OBXECTIVOS:
- Fomentar a cooperación territorial entre as dúas rexións: Galicia e Portugal.
- Fomentar a promoción e transmisión das culturas e as tradicións en xeral, e en particular galega e portuguesa.
- Formar aos/ás xóvenes participantes para que poidan ser protagonistas no presente e no futuro na recuperación da súa tradición e cultura.
- Favorecer a valorización das tradicións e a cultura do lugar de pertenza, posibilitando que a mocidade sinta orgullo polo territorio onde residen, respectando o alleo.
- Empoderar aos/ás xóvenes participantes como promotores dunha experiencia no ámbito da educación non formal.
- Sensibilizar aos/ás participantes e á poboación nunha conciencia europea con valores ciudadáns, tales como: a inclusión, a solidariedade, o respecto, a igualdade de oportunidades e o diálogo intercultural.
- Promover valores educativos e persoais como a auto-axuda, a autoestima, a responsabilidade e a autonomía, é dicir, empoderar ás persoas para poder xerar competencias claves.
RESULTADOS A DESTACAR:
Xerouse un espazo de encontro para propiciar o intercambio de opinións e reflexións entre estas dúas rexións, de Galicia e o - norte de Portugal para traballar conceptos culturais, dando lugar á elaboración dun produto final que foi un espazo web.
A través deste intercambio as persoas participantes adquiriron novas competencias e tiveron a oportunidade de recibir novas experiencias.
OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:
Intercambios e viaxes co grupo A Requinta da Laxeira. (Bos Aires, París, Frankfourt, por toda España...).