INTERCAMBIO XUVENIL EN RUMANIA
NOME Manuel García Torre VECIÑO DE Santa Cruz de Ribadulla TÍTULO DO PROXECTO Court of comediants LUGAR DE REALIZACIÓN Rumanía (Rasnov) DATAS DE REALIZACIÓN do 15/07/2005 a 28/07/205.
DESCRICIÓN DO PROXECTO: Encontro do que formaron parte membros de diferentes colectivos do mundo das artes escénicas de países como Portugal, Croacia, Rumanía e Galicia.
FINALIDADE-OBXECTIVOS:
A finalidade principal era o intercambio de experiencias e coñecementos entre as diferentes artes escénicas que alí coincidiron. Desde a música tradicional galega da man da Asociación Raiceiros, os malabares do grupo de Portugal, a música e baile medieval por parte do colectivo Rumano.
Entre todos os participantes representamos (cada un na súa língua) no Castelo de Rasnov, a obra do Quijote coincidindo co IV centenario da primeira edición desta obra de Miguel de Cervantes.
Despois desta primeira experiencia da Asociación Raiceiros nun intercambio europeo, creáronse vínculos con varios dos colectivos participantes o que levou por unha banda a participación en dúas edicións máis do "Court of comediants". Ademáis, o grupo portugués visitou Vedra no ano 2005.
OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:
Reunión de preparación dun intercambio en Bulgaria (setembro do 2009) e colaborador no Campo de Traballo de Vedra do ano 2007.