INTERCAMBIO XUVENIL EN BÉLXICA
NOME E APELIDOS: Jenny Brocos Vieiro VECIÑA DE: San Xián de Sales ACTIVIDADE: Intercambio europeo TÍTULO DO PROXECTO: "Bread&Roses" LUGAR DE REALIZACIÓN: Bruxelas (Bélxica) DATAS DE REALIZACIÓN: do 22-05-2017 ao 29-05-2017.
DESCRICIÓN DO PROXECTO:
Este intercambio era especial, xa que se tratou dun programa específico para mulleres, onde se traballou en contra da discriminación múltiple que sofren moitas mulleres só polo feito de selo e por ser tamén musulmanas.
Participamos un total de 35 xóvenes de Bélxica, Grecia, Italia, Macedonia, Turquía, Reino Unido e Galicia (5)
A través de dinámicas de grupo, presentación de experiencias e debates, artellouse a creación de redes de solidariedade e empatía de mulleres que viven en Europa e empoderáronse como chaves para o cambio das sociedades.
FINALIDADE-OBXECTIVOS:
- Empoderar á muller na procura da igualdade e en contra da discriminación.
- Promover o diálogo intercultural e o propio entendemento.
- Traballar en favor da inclusión, a tolerancia, contra o racismo, a xenofobia e a islamofobia.
RESULTADOS A DESTACAR:
Unha experiencia vital importante pola propia temática do intercambio.
Unha oportunidade para a práctica de idiomas.
Coñecer outras culturas e formas de vivir.
OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:
2 Intercambios europeos en Portugal