INTERCAMBIO XUVENIL EN MELGAÇO
NOME Iria Garea Garrido VECIÑA DE San Pedro de Sarandón TÍTULO DO PROXECTO Pasado, Presente, Futuro LUGAR DE REALIZACIÓN Portugal (Melgaço) DATAS DE REALIZACIÓN do 15/08/2015 - 22/08/2015.
DESCRICIÓN DO PROXECTO: Este proxecto de intercambio bilateral reuniu a 36 xóvenes e permitiulles analizar a historia común de Galicia e do Norte de Portugal, e debatir e mostrar o que nos aproxima e o que nos separa nestas dúas rexións.
Traballouse sobre os saberes artesanais, gustos culturais e etnográficos, actividades lúdicas e de ocio...
Xeráronse grupos de discusión para avaliar estratexias de empregabilidade e as posibilidades para a construción dun futuro mellor.
Ademáis desenvolvéronse diferentes actividades socioculturais como descubertas, visitas e excursións...
FINALIDADE-OBXECTIVOS:
- Fomentar a cooperación territorial entre as dúas rexións transfronteirizas.
- Poñer en valor as tradicións e culturas de pertenza.
- Promover a autoestima, a responsabilidade, a autonomía....contribuíndo á adquisición de competencias persoais.
RESULTADOS A DESTACAR:
- Permitiu achegar novas reflexións sobre a importância de que os xóvenes se impliquen no desenvolvemento das comunidades.
- Creación dunha exposición onde se mostra o que temos en común e as diferencias en relación a aspectos históricos, natureza, cultura, gastronomía, língua...
- Unha gran experiência para concienciar sobre Europa.
- Amizades, o grupo de participantes...
Intercambio europeo: Como un irmán che falo! (Vedra)