INTERCAMBIO XUVENIL EN ITALIA
NOME David Brocos Vieiro VECIÑO DE San Xián de Sales TÍTULO DO PROXECTO Moz@s Rurais en Acción LUGAR DE REALIZACIÓN Italia (Cerdeña) DATAS DE REALIZACIÓN novembro 2015.
DESCRICIÓN DO PROXECTO: Con este proxecto de intercambio, queremos buscar a solución a un dos maiores problemas da xuventude a nivel europeo como é o desemprego, principalmente aqueles que viven no rural.
Buscamos emprender accións , que nos leven a reflexionar a situación na que estamos inmersos, tratando de buscar alternativas e solucións, atendendo ás problemáticas e características de cada territorio en particular, pero a partir do marco europeo.
FINALIDADE-OBXECTIVOS:-
Aumentar
a sensibilizacion positiva dos xóvenes cara outras culturas,
promover as línguas europeas e as diferentes culturas, prever e
combater os prexuizos e promover a tolerancia e a comprensión da
diversidade.
- Familiarización cas políticas e programas relacionados ca xuventude e o empredemento dos países europeos.
- Identificación de recursos rurais e a gran influencia que teñen na vida cotidiana, así como fonte de xeración de empleo.
- Acercar valores, en especial para promover a cohesión social.
Traballo entre xóvenes; gran conclusion de ideas, opinións e experiencias o que axudou a mellorar as súas competencias sociolingüísticas e o aumento da capacidade emprendedora. Por outra banda, familiarización con programas europeos de desenvolvemento rural así como iniciativas e coñecemento de outros emprendedores na mesma situacion.