INTERCAMBIO XUVENIL ERASMUS+ EN ITALIA

NOME Rocío Couto Rendo (Chío) VECIÑA DE San Pedro de Vilanova TÍTULO DO PROXECTO Green Behaviour for Next Generation Exchange LUGAR DE REALIZACIÓN Palermo (Italia) DATAS DE REALIZACIÓN do 27/12/2011 a 07/01/2012.

DESCRICIÓN DO PROXECTO: "Comportamento verde para a próxima xeración", tratouse dun intercambio que tiña como eixe principal tratar os problemas ambientais e a responsabilidade dos comportamentos humanos nos mesmos, tendo en conta en todo momento a repercusión que teñen no noso espazo. En particular, tratouse dun intercambio xuvenil entre 5 asociacións europeas que a partires dunha convivencia reflexionaron e traballaron en busca de posibles solucións. Nas diferentes xornadas, realizamos dinámicas moi variadas para coñecer as problemáticas de cada lugar en relación ao medio natural. Unha vez coñecidas, intentamos detectar as necesidades do propio lugar no que nos atopabamos (Palermo) a través dunha intervención directa e posta en común cos habitantes de dita localidade e cos cales interacionamos para poder coñecer opinión, medidas que se estaban realizar, melloras posibles e a propia opinión dos mesmos.

Toda esta información serviunos posteriormente para traballar os contidos e transformalos en propostas para realizar entre todos e todas medidas que diminuíran o impacto humano no noso medio.

FINALIDADE-OBXECTIVOS:

O que se pretendía en todo momento era coñecer as influencias culturais existentes e os aspectos comúns dos diferentes lugares e rexións presentes no intercambio, para traballar así os problemas ambientais existentes en cada unha delas e ver diferenzas e similitudes neste eido. O importante deste proxecto era detectar as necesidades para poder posteriormente intervir dunha maneira axeitada promovendo hábitos de vida e comportamentos en VERDE"

Ao mesmo tempo traballamos en clave positiva, buscando alternativas e solucións de intervención para diminuír o impacto ambiental dende a intervención do ser humano.

RESULTADOS A DESTACAR: 

Nestas experiencias que transforman destaco a propia convivencia das persoas participantes, posto que a temática a traballar se enriquece ao compartila deste xeito.

Un dos aspectos que me gustaría destacar é que a pesares de que os grupos asociativos pertencían a nacionalidades e lugares diferentes, puidemos ver como as problemáticas e as necesidades relacionadas coa temática a tratar eran moi similares.

Moitos das conclusións traballadas na posta en común teñen que ver con nós mesmos como persoas, polo que outro resultado a destacar é o traballo de sensibilización feito, posto que fun consciente de que as grandes cousas están formadas por outras moito máis pequenas, polo que depende de todos e todas cambiar a nosa realidade. Pequenas medidas ou accións do noso día a día poder repercutir moito máis do que inicialmente poidamos considerar.

Xa para rematar gustaríame destacar o coñecemento e intervención directa dunha cidade como Palermo. A pesares de ser un proxecto no cal participamos 5 entidades, tivemos actividades nas que interacionamos e coñecemos a realidade deste entorno, podendo poñer en prácticas as conclusións e reflexións traballadas e coñecer opinións de xente que non estaba metida de forma directa no proxecto.

OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS: 

  • Campo de traballo de temática arqueolóxica realizado na Comunidade Autónoma de A Rioxa para a recuperación dunha necrópolis.

  • Campo de traballo de temática etnográfica para o coidado do entorno e restauración do museo Casa do Patrón en Lalín.

VOLTAR A EXPERIENCIAS DE INTERCAMBIOS XUVENÍS

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar