INTERCAMBIO XUVENIL EN ITALIA

NOME Carlos Lobato Carrilllo VECIÑO DE San Pedro de Vilanova TÍTULO DO PROXECTO Indepence by Culture LUGAR DE REALIZACIÓN Bosco Chiesanuova, Italia DATAS DE REALIZACIÓN do 15/10/2022 a 22/10/2022.

DESCRICIÓN DO PROXECTO: Este proxecto estivo organizado pola Fundación Atalaya, a Asociación Oriel e o Concello de Vedra. A experiencia consistía en participar nun intercambio xuvenil en Italia, convivindo 30 mozos e mozas de Italia, Polonia e España durante unha semana.

Mediante a realización de dinámicas de grupo, presentación de experiencias, visitas pola contorna: excursións, visitas a museos, rutas de senderismo, práctica de deporte, etc. tratouse de poñer en valor a cultura e os lazos que nos unen aos diferentes países e rexións da UE.


FINALIDADE-OBXECTIVOS:

  • Favorecer a discusión sobre a importancia da cultura, o patrimonio e os valores tradicionais no proceso de gañar independencia e volverse máis autosuficientes.

  • Coñecer a cultura europea para fomentar unha mocidade mais madura e responsable.

RESULTADOS A DESTACAR: 

Novas amizades, melloras na aprendizaxe de idiomas e coñecemento de lugares que non te esperabas visitar nunca.


VOLTAR A EXPERIENCIAS DE INTERCAMBIOS XUVENÍS

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar