INTERCAMBIO XUVENIL EN HUNGRÍA

NOME Bárbara Penas Rey VECIÑA DE San Fins de Sales TÍTULO DO PROXECTO Nature Dream LUGAR DE REALIZACIÓN Hungría DATAS DE REALIZACIÓN do 21/08/2014 a 31/08/2014.

DESCRICIÓN DO PROXECTO: Proxecto medioambiental, dirixido a persoas xóvenes de Eslovenia, Polonia, Hungría e España, onde se promove a realización de actividades ao aire libre que propician o contacto coa natureza para as persoas máis xóvenes. Promove o traballo con diferentes organizacións que compartan valores de coidado medioambiental para traballar en prol da inclusión social de persoas de tódalas clases sociais a través do diálogo e a ensinanza non formal xunto coa cooperación entre diferentes países da Unión Europea. Leváronse a cabo actividades como o sendeirismo, a escalada e a orientación dentro dun entorno natural único como son os montes frondosos de Hungría.

FINALIDADE-OBXECTIVOS:

  • Tomar conciencia do coidado medioambiental para a xuventude.
  • Incrementar as habilidades sociais e de relación das persoas participantes.
  • Crear rede de apoio de participantes de países europeos.
  • Mellorar a cooperación entre organizacións dos diferentes países.

RESULTADOS A DESTACAR: 

En canto ao lugar de realización, o espazo era inmellorable, o entorno natural e rural que nos rodeaba era facilitador para tomar conciencia sobre a importancia de coidar o medioambiente.

As actividades non se poideron levar todas a cabo por temas climáticos, o que deixou ver en ocasións a falta de preparación de segundos plans por parte da organización.

As actividades levadas a cabo máis directamente co medio natural propiciaron a conexión medioambiental perfectamente e as actividades máis informais deixaron que as persoas se coñecesen máis entre sí, se crease unha boa cohesión grupal e o enriquecemento que iso de por sí trae consigo, por non mencionar a práctica do inglés.

VOLTAR A EXPERIENCIAS DE INTERCAMBIOS XUVENÍS

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar