NOME Alberto Santos Iglesias VECIÑO DE Vedra TÍTULO DO PROXECTO Como un irmán che falo LUGAR DE REALIZACIÓN Vedra DATAS DE REALIZACIÓN do 14/08/2015 a 22/08/2015.
DESCRICIÓN DO PROXECTO:
Con este proxecto creouse un espazo de encontro, intercambio e reflexión sobre as "relacións" Galicia-Norte de Portugal.
Participaron un total de 36 xóvenes galegos e portugueses.
Realizáronse diferentes dinámicas de coñecemento e reflexión, formación audiovisual, gravacións...actividades complementarias de ocio e tempo libre, visitas...
FINALIDADE-OBXECTIVOS:
-
Fomentar a cooperación territorial entre as dúas rexións transfronteirizas.
-
Favorecer a valorización das tradición e culturas dos lugares de pertenza, posibilitando que a xuventude sinta orgullo polo territorio onde residen.
-
Respectar o alleo e reflexionar a importancia do intercambio cultural entre os pobos.
-
Promover a axuda mutua, a autoestima, a responsabilidade e a autonomía, contribuíndo á adquisición de competencias persoais, sociais e profesionais.
RESULTADOS A DESTACAR:
No conxunto de actividades desenvolvidas cabe mencionar a elaboración dun mapa de relacións galego-portuguesas e un documental.
OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:
Outro intercambio europeo en Portugal.