INTERCAMBIO XUVENIL EN POLONIA
NOME Alba Bermúdez Barreiro VECIÑA DE San Xián de Sales TÍTULO DO PROXECTO Indepence by Culture LUGAR DE REALIZACIÓN Murzasichle, Polonia DATAS DE REALIZACIÓN do 12/02/2023 a 17/02/2023.
DESCRICIÓN DO PROXECTO: No proxecto de intercambio tratáronse valores como a cultura, as tradicións e o patrimonio á hora de independizarse; aprendendo a ser autosuficientes, centrándose no empoderamento, e construíndo habilidades de relación de cara o fortalecendo a autoestima.
FINALIDADE-OBXECTIVOS:
O obxectivo foi adoptar un enfoque proactivo da aprendizaxe e unha responsabilidade persoal polo propio crecemento persoal, ser responsables coas nosas decisións e ser independentes.
RESULTADOS A DESTACAR:
Neste proxecto abordáronse competencias clave como a iniciativa, o traballo nun ambiente diverso, a independencia e comunicación entre equipos, habilidades lingüísticas…
Non todo foron sesións de traballo, tamén fixemos moitas outras cousas como esquiar, patinar sobre xeo, sendeirismo polas montañas Tatra, descubrir pobos e cidades…
Máis alá dos obxectivos do proxecto estaba a convivencia, en apenas uns días todos nos fixemos moi bos amigos, era como estar cunha gran familia. Foi incrible poder coñecer xente doutros países e coñecer as diferenzas e semellanzas das nosas culturas.
OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:
Como esta experiencia me gustou tanto, máis tarde participei noutros proxectos, un en Turquía e outro en Hungría. En Turquía o tema estaba relacionado co cambio climático e en Hungría sobre a saúde.
Todos os proxectos axudáronme moito a nivel persoal, tanto, que me gustaría participar en máis.