CURSO DE FORMACIÓN EN VEDRA
NOME Vanessa Crespo Souto VECIÑA DE San Xián de Sales TÍTULO PROXECTO "Youth and Development 4All-Practices to Include" Intercambio de boas prácticas para animadores/as de xuventude LUGAR DE REALIZACIÓN Vedra DATAS DE REALIZACIÓN do 24/09/2017 a 29/09/2017.
DESCRICIÓN DO PROXECTO: Este foi un proxecto no que cooperaban entidades de Portugal, Italia e Galicia para o intercambio de coñecementos e prácticas no sector da inclusión social e educación non formal da área de xuventude, e no que se desenvolveron diversas sesións de traballo, actividades e intercambio de experiencias locais.
FINALIDADE-OBXECTIVOS:
O principal obxectivo era acadar unha maior capacitación de técnicos/as de xuventude e membros de entidades sociais que traballan neste campo no que se refiere a coñecementos e prácticas no sector da inclusión social e educación non formal.
RESULTADOS A DESTACAR:
A experiencia foi tremendamente positiva posto que se conseguiu o proxectado, isto é, achegarnos aos participantes ténicas e estratexias de traballo novas. Pese á brevidade das xornadas adquirín novos coñecementos aplicables no meu traballo diario, así como puiden coñecer de primeira man experiencias de colegas do mesmo ámbito laboral doutros países o que me deu unha maior perspectiva á hora de enfocar as miñas accións nos campos do emprendemento, comunicación, etc. O enfoque intercultural dos participantes e das ensinanzas recibidas foi de grande interés, posto que dá unha perspectiva máis global ao aprendido e ao mesmo tempo, dende unha faceta máis persoal, serviume para establecer contactos con profesionais doutros países de cara a poder obter no futuro colaboracións transnacionais.
OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:
Esta foi a miña primeira experiencia nun programa de mobilidade europea, se ben actualmente estou involucrada no proxecto dunha incubadora de emprendemento transnacional dentro da Acción KA2 Cooperación para a innovación e o intercambio de boas de prácticas.