CURSO DE FORMACIÓN ERASMUS+

NOME E APELIDOS: Rocío Otero Pereiras VECIÑA DE: Ponte Ulla ACTIVIDADE: Formación Erasmus+ TÍTULO DO PROXECTO: Youleaders LUGAR DE REALIZACIÓN: Bruselas, Bélxica DATAS DE REALIZACIÓN: Do 30/06/2024 ao 3/07/2024


DESCRICIÓN DO PROXECTO:

Tres veciñas do Concello de Vedra que participamos no voluntariado xuvenil tivemos a oportunidade de viaxar a Bruselas grazas á oportunidade que nos brindou a Fundación Galicia Europa no proxecto Youleaders. Alí, na capital europea, reunímonos na oficina da fundación con outros socios do proxecto e con mocidade da nosa idade procedentes de países como Italia ou Portugal. En conxunto, cada un de nós compartiu a súa experiencia no proxecto e realizamos actividades como o Hackaton no cal, en distintos equipos e acompañados por un titor, debíamos desenvolver un prototipo ou idea de servizo para solucionar problemas da comunidade.

Por outra parte, tivemos a sorte de visitar o centro Parlamentarium e o propio Parlamento Europeo nunha visita guiada para coñecer a esencia da UE como a súa historia ou obxectivos, ou tamén como é o traballo nas súas institucións.

FINALIDADE-OBXECTIVOS:

Os obxectivos do proxecto son promover as habilidades sociais e de liderado da mocidade do rural. Deste xeito, mediante sesións con mentorías e actividades, os mozos e mozas estamos concienciados do importante que é o noso papel nos territorios onde vivimos.


RESULTADOS A DESTACAR:

No meu caso, esta viaxe e proxecto axudoume a desenvolver ou mellorar as miñas habilidades sociais e de decisión e participación á hora de traballar en equipo, o cal considero que é de gran importancia de cara ao meu futuro a nivel profesional, educativo e persoal.


100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar