CURSO DE FORMACIÓN EN PORTUGAL

NOME Iván García García VECIÑO DE San Miguel de Sarandón TÍTULO PROXECTO Navegando pola Educación Non Formal LUGAR DE REALIZACIÓN Viana do Castelo (Portugal) DATAS DE REALIZACIÓN do 05/09/2017 a 10/09/2017.


DESCRICIÓN DO PROXECTO: Consistiu no desenvolvemento dunha acción formativa coa idea de achegarse á "Educación Non Formal", como ferramenta necesaria para transferir os valores comúns fundamentais da nosa sociedade á mocidade e as aprendizaxes sobre diversos temas.

Participaron un total de 20 xóvenes de entidades do Concello de Vedra e da AJ Deâo de Portugal.

Desenvolvéronse dinámicas de grupo, actividades de descuberta, presentación de experiencias, ponencias de expertos/as e visitas a iniciativas locais.


FINALIDADE-OBXECTIVOS:

  • Capacitar e cualificar a persoas membras de asociacións con competencias e metodoloxías na área da Educación Non Formal.

  • Potenciar entre os/as participantes, o espírito de iniciativa, a creatividade e o emprendemento como forma de empregabilidade.

  • Promover a Educación Non Formal, desenvolvida no asociacionismo, como estratexia complementaria ao sistema de educación formal.


RESULTADOS A DESTACAR:

Foi un tempo e un espazo para estimular entre os/as membros/as das asociacións participantes o desenvolvemento de actividades para a dinamización das comunidades locais.

No transcurso do encontro elaborouse o mapa galego-portugués da "Educación Non Formal".


OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:

Intercambios europeos: Rasnov (Rumanía), Melgaço (Portugal)...

Outros proxectos de mobilidade internacional: Bos Aires (Arxentina), Habana (Cuba), Frankfurt (Alemania).

Seminarios europeos: París (Francia), Venecia (Italia), Vicenza (Italia)

Campos de Traballo: Ceuta, Huelva, Vedra...

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar