CURSO DE FORMACIÓN EN ITALIA
NOME Alba Duarte Fernández VECIÑA DE San Xián de Sales TÍTULO PROXECTO Potenciando o desenvolvemento dirixido por xóvenes LUGAR DE REALIZACIÓN Bolzanoa (Italia) DATAS DE REALIZACIÓN do 27/10/2011 - 30/10/2011.
DESCRICIÓN DO PROXECTO: Este encontro foi organizado pola asociación italiana Liberamente, pertencente a cidade italiana de Bolzano.
Un grupo formado por 5 membros do Concello de Vedra, participamos nesta reunión internacional de xóvenes que reuniu a persoas de rexións diferentes ( Ucrania, Gaza, Moldavia, Rusia, Kosovo, Italia e Macedonia) baixo un programa variado deseñado para fortalecer a dedicación dos xóvenes cara o desenvolvemento dunha estratexia eficaz do desenvolvemento dirixido por xóvenes e a creación dunha rede para futuros intercambios e colaboracións.
Entre as actividades desenvolvidas destacan: Ceremonia de apertura, Xogo de roles, Presentación e grupos de traballo, Debate público sobre o tema: "Falar do desenvolvemento pola xuventude: ¿cómo os xóvenes poden cambiar o mundo?", Talleres públicos, Evento musical, Conclusións dos talleres...
FINALIDADE-OBXECTIVOS:
Intercambiar os nosos puntos de vista sobre exemplos exitosos do desenvolvemento dirixido por xóvenes.
Atopar perspectivas comúns sobre o desenvolvemento dirixido por xóvenes.
Fomentar o uso da web e os avances tecnolóxicos para garantir o desenvolvemento dirixido por xóvenes.
Crear unha rede de organizacións, organismos públicos e grupos que promoven o desenvolvemento dirixido por xóvenes.
RESULTADOS A DESTACAR:
O principal resultado do encontro foron as discusións levadas a cabo nunha declaración, é dicir un conxunto de valores fundamentais e ideas sobre o desenvolvemento dirixido por xóvenes, e dar unha instrución de como darse conta dos mesmos.
OUTRAS EXPERIENCIAS DE MOBILIDADE NAS QUE PARTICIPARAS:
Intecambio internacional europeo en Pollina, Sicilia, do 12-19 de xullo do 2013. Intercambio xuvenil Erasmus+ Project Nature Dream, en Dédestapolscány, Hungría, do 21-31 de agosto do 2014.