CAMPO DE TRABALLO DE VEDRA

DESCRICIÓN DO PROXECTO (2017)

O proxecto de campo de traballo que estamos a presentar consistiu en desenvolver por unha banda unha intervención de recuperación patrimonial no tramo do Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro ao seu paso polo Concello de Vedra, e actividades de intervención social. Ademáis realizáronse actividades recreativas, deportivas e turístico-culturais.

Desenvolveuse entre o 5 e o 16 de xullo de 2017 en Vedra.

Participaron un grupo de 20 xóvenes de entre os 18 e 30 anos de diferentes países como: Francia, Rusia, Portugal, República Checa e de comunidades españolas como: Valencia, Murcia, País Vasco, Ceuta e Galicia...

As actividades de traballo foron:

1) Actividades de Intervención Patrimonial:
  • Investigación-recollida de campo sobre o trazado do Camiño Xacobeo Miñoto- Ribeiro ó seu paso polo Concello de Vedra.

  • Elaboración de cartelería en madeira para a sinalización deste tramo de Camiño de Santiago.

  • Accións de difusión: elaboración de mapa-folleto informativo en varios idiomas, audiovisual, Xornada de divulgación do Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro para a veciñanza e organización dunha andaina-peregrinaxe.

2) Actividades de Intervención Social:
  • Desenvolvemento de actividades socioculturais con nenos/as na Ludoteca Municipal e no Acamparte.

  • Desenvolvemento de actividades interxeracionais con persoas maiores.

Ademáis desenvolvéronse unha serie de actividades complementarias de animación, ocio e tempo libre, tendentes á distensión, relación e á implicación na e coa comunidade. Exemplo: actividades etnográficas encamiñadas a coñecer o entorno (festas tradicionais..), grandes xogos, piraguas, cea internacional, veladas, visitas a lugares ricos en patrimonio histórico-artístico e natural da comarca da Ulla...

Como reflexión final partimos de que unha actividade deste tipo é un traballo de servizo a unha comunidade, por iso, propúxose a creación dun grupo de traballo cunha oferta autoxestionada do seu ocio como un xeito de ocupar un tempo na formación persoal, a través da convinación de traballo e ocio. Ademáis isto permitiu a formación dos xóvenes a través do ambiente a convivencia e o intercambio de experiencias tanto das persoas que forman o equipo como dos participantes. Tamén se creou un intercambio cultural e xeracional do entorno, proporcionando un espazo de utilidade, educativa e de esparcemento.

O proxecto de Campo de Traballo que se presenta non aparece de xeito illado, senón que proxéctase a anos vista, no marco dun programa de Campos de Traballo que puxo en funcionamento o Concello de Vedra en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

OBXECTIVOS

  • Desenvolver actividades de intervención patrimonial e social no Concello de Vedra, a través da acción voluntaria.

  • Promover o desenvolvemento do Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro

  • Dinamizar o territorio a través de accións socioculturais dirixidas a nenos/as e persoas maiores.

  • Potenciar o traballo en grupo como eixo básico para o bo funcionamento do campo de traballo.

  • Posibilitar a convivencia e o intercambio de experiencias entre xóvenes de diferentes procedencias.

  • Favorecer as situacións e actividades lúdico festivas, culturais e etnográficas no entorno onde se atopan, potenciando a interacción dos participantes coa poboación local, a través das actividades propias do campo.

METODOLOXÍA

Os diferentes traballos e obradoiros, foron totalmente prácticos, sendo abertos á participación e fomentando o intercambio de experiencias entre os participantes, e entre estes e mailos veciños/as da zona a través das actividades complementarias.

A metodoloxía utilizada neste proxecto tivo como referencia a animación sociocultural e o desenvolvemento comunitario: participación, dinamización grupal, cooperación, coeducación, compromiso.

O eixo principal foi a convivencia que a través do centro de interese "Alberga Maxia" foi construindo o "Kit" do peregrino/a.

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar