CAMPAMENTO XUVENIL VIAXE DA MOCIDADE

DESCRICIÓN

Dende fai varios anos os concellos de Vedra e Boqueixón organizan cada verán de forma conxunta un campamento xuvenil-viaxe da mocidade dirixido á xuventude de entre os 15 e 17 anos. A duración é de 7 días, e participan entorno aos 55 mozos/as.

Este proxecto desenvolveuse en lugares como Tarragona, Ibiza, Torremolinos... e neste ano 2024 foron a Alicante.

OBXECTIVOS

  • Fomentar a convivencia entre a poboación xuvenil.

  • Promover a aprendizaxe dende o punto de vista da educación non formal e informal.

  • Propoñer experiencias novas de desfrute do tempo libre.

  • Fomentar o interese pola práctica deportiva e os hábitos saudables.

  • Coñecer outras realidades culturais.

METODOLOXÍA

A metodoloxía para desenvolver este proxecto de campamento baseouse na Animación Sociocultural: entendida como unha proposta de traballo dinámico e do día a día; na acción e participación, na dinámica grupal, na inclusión, na coeducación e o compromiso.

En base ao exposto, o traballo foi totalmente cooperativo, participando nas actividade e colaborando na propia organización.

O modo de levar a cabo as actividades veu consensuado polo grupo conxuntamente co equipo de monitorado, para que entre todos/as se acadase o mellor xeito de realizar as actividades propostas previamente.

RESULTADOS

Este proxecto serve para espertar e reavivar o espírito de compañeirismo entre a mocidade de Vedra e Boqueixón, no marco dunha sociedade caracterizada actualmente pola competitividade e a individualidade.

Ademais potencia o desenvolvemento das relacións interpersoais entre a mocidade creando un clima de afecto, comunicación e participación, ao tempo que axuda a desenvolver a súa capacidade crítica, e a adquisición de responsabilidades facilitando o proceso de toma de decisións.

Tamén pon en valor a importancia de programar e planificar o tempo de ocio para que resulte gratificante e satisfactorio.

Esta iniciativa tamén é unha oportunidade para descubrir novas culturas, cidades, recursos...

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar