CLUB OLÍMPICO DE VEDRA

NOME DA ENTIDADE Club Olímpico de Vedra TÍTULO DO PROXECTO Atletismo, Duatlón, Triatlón. WEB www.olimpicodevedra.org CONTACTO olimpicodevedra@hotmail.com

DESCRICIÓN DO PROXECTO:

O club Olímpico de Vedra nace en 2005 como club deportivo enfocándose durante os primeiros anos cara a base principalmente nos deportes de atletismo e triatlón, con incursións tamén no fútbol sala, a natación, o ciclismo e o patinaxe..

Co paso dos anos a entidade foi medrando e pasou a ser un club total, que engloba todas as categorías dende a base ata os grupos de idade e no que teñen cabida tanto deportistas con aspiracións á elite como persoas que desexan disfrutar do deporte e saúde como práctica de vida.

O longo destes anos o club medrou ata lograr títulos colectivos a nivel estatal nas categorías cadete e sub 23 e a nivel autonómico, superando as 200 medallas. Moitos dos deportistas formados en Vedra tamén foron internacionais coa selección galega.

A nivel absoluto, en 2016 os equipos masculinos e femininos ascendían a segunda división da Liga Nacional de duatlón, en 2017 ascendían a primeira división, aínda que voltaban a descender a segunda en 2018, mantendo a categoría para 2019. O equipo masculino de triatlón tamén lograba o ascenso a segunda división da liga nacional de triatlón en 2017. No ano 2018 o equipo masculino tamén gañaba os dous títulos autonómicos de duatlón converténdose nesa tempada no mellor equipo de Galicia. A nivel estatal en 2018 o club chegaba a situarse no ranking nacional de clubes de triatlón no posto 14º.

O Club Olímpico de Vedra constitúe na actualidade unha mestura interxeracional, na que rapaces que foron medrando co club, xunto a outras incorporacións, impregnan as novas xeracións da filosofía do club, queimando etapas de forma axeitado e impoñendo os valores do deporte como filosofía e forma de entender a vida.

A nivel organizativo o club tamén está implicado no crecemento deportivo do concello de Vedra, colaborando co concello en iniciativas como a Ruta BTT da Camelia, a Carreira Pedestre Nocturna Solidaria ou a Maratón da Camelia. A nivel propio o club Olímpico de Vedra organizou 12 duatlóns escolares, destacando a edición de 2018 que foi campionato galego e o primeiro da historia no que as nenas competiron en condicións de igualdade cos nenos. Tamén organizou 10 carreiras populares, o primeiro cross do Souto e 5 edicións do Duatlón Concello de Vedra, 4 veces campionato galego de Duatlón contra o reloxo por equipos, e que obstenta o record de ser durante 5 anos o duatlón con maior participación a nivel autonómico. Ademais diso a entidade está sempre implicada en prácticas de promoción como as actividades de atletismo divertido e triatlón divertido.

OBXECTIVOS

Fomentar a practica deportiva en Vedra e comarca

Fomentar o acceso de xeito igualitario ao deporte

Axudar deportivamente á xeración de novas promesas deportivas

METODOLOXÍA

A metodoloxía a seguir nas primeiras etapas dende unha óptica lúdica, incúlcanse valores como o respecto, o compañeirismo, o sacrificio... Así que se van subindo etapas vai aparecendo o traballo técnico específico equilibrándose co aspecto lúdico.

Xa na adolescencia, dase a opción de optar por dúas vías: o deporte saúde ou a tecnificación deportiva, aspectos istes que xa se prolongan nas seguintes categorías do club, sendo o deportista sempre o que fixa os seus obxectivos.

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar