MUSINTEGRA

NOME DA ENTIDADE Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla TÍTULO DO PROXECTO Musintegra PÁXINA FACEBOOK https://www.facebook.com/Escola-de-M%C3%BAsica-Santa-Cruz-de-Rivadulla-151936304967798/ CONTACTO fernando.rey@esmucompostela.es

DESCRICIÓN DO PROXECTO:

O proxecto MUSINTEGRA consiste na creación-realización dunha serie de concertos integradores con xóvenes en risco de exclusión social, buscando a súa integración novamente na sociedade mediante a música.

A idea principal do proxecto era escoitar as historias polas cales se encontran nesa situación de "risco", e a partir das mesmas, crear tres obras musicais.

Para iso realizouse unha selección de 30 mozos e mozas estudantes de música da comarca do Val do Ulla que participaron activamente neste proceso de integración e reinserción de xóvenes da entidade Proxecto Home. As persoas seleccionadas desta entidade foron 3 xóvenes que correspondían aos programas de: rehabilitación e reinserción social para persoas alcoholicas, de rehabilitación e reinserción social para persoas adictas a psicoestimulantes (cocaína e outras drogas ) e de rehabilitación para persoas ludópatas.

Establecéronse xuntanzas de traballo entre os/as estudiantes de música coas 3 persoas de Proxecto Home. Nas reunións os músicos xóvenes organizáronse en grupos de 10, e cada grupo escoitou a historia de vida dunha das persoas seleccionadas en risco de exclusión social.

Unha vez feito o traballo de recollida de campo sobre a vida destas persoas, os xóvenes tiveron que crear 3 obras musicais donde aparecían reflectidos os momentos máis importantes na vida destas persoas.

Polo tanto, os/as mozos e mozas fixeron de compositores/as dunha obra musical recibindo para iso unha serie de obradoiros de música que lles permitiron obter os recursos suficientes para poder levar a cabo a acción.Os obradoiros foron de introducción á armonía clásica, de música de cámara, de informática musical e de formas musicais.

Coas obras preparadas, ao longo dunha semana realizouseun encontro musical entre tódolos participantes, para a preparación dos concertos.

Finalmente tiveron lugar os concertos, que pretendían crear un marco de concienciación xeral.

OBXECTIVOS:

  • Asociar o feito de facer música para combater os problemas de estrés, depresións e momentos de inestabilidade emocional.

  • Promover a música como unha alternativa á práctica de actividades perxudiciais para o desenvolvemento xuvenil.

  • Promover a práctica de hábitos saudables e conductas de ocio alternativo.

  • Fomentar, axudar e mellorar a capacidade de comunicación entre as persoas en risco de exclusión social.

  • Concienciar aos mozos e mozas participantes nos problemas que conleva a exclusión social das persoas.

  • Favorecer e promover o traballo en equipo de tódolos participantes, en actividades de educación non formal.

  • Promover entre as persoas en risco de exclusión social a práctica instrumental

  • Substituir prácticas menos desarrollativas para o desenvolvemento persoal da mocidade, pola práctica instrumental e os beneficios que aporta científicamente comprobados.

  • Favorecer que as persoas en exclusión social vexan na práctica instrumental unha alternativa máis de lecer que os axude a integrarse na sociedade.

METODOLOXÍA:

A metodoloxía do proxecto baséase na participación, na cooperación, na integración, na coeducación e o compromiso.

O conxunto de accións do proxecto foron consensuadas, desenvolvendo diferentes reunións para esta finalidade.

O centro de interese foi a música. As persoas participantes desenvolveron diferentes obradoiros musicais que os axudaron a dotar de coñecementos para poder crear as obras musicais.

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar