IGUALMENTE FORMÁNDONOS

NOME DA ENTIDADE Berenguela pola Igualdade TÍTULO DO PROXECTO Igualmente formándonos PÁXINA FACEBOOK https://www.facebook.com/Berenguela-Pola-Igualdade-1559899877554861/?fref=ts CONTACTO berenguelasociacion@hotmail.com

DESCRICIÓN DO PROXECTO:

Desenvolveuse no 2016 co financiamento das subvencións da deputación de A Coruña. Este proxecto buscou un espazo de encontro entre diferentes persoas do concello, maiormente mulleres, no cal compartir diferentes sabidurías que entre as persoas que formamos a entidade manexamos.

Decidimos propoñer, coincidindo coas datas próximas ao día da muller, diferentes cursos monográficos que duraron 10 horas cada un. As temáticas que escollimos foron as seguintes:


1) Novas tecnoloxías: moitas mulleres das zonas rurais aínda non sinten a confianza propia para enfrontarse aos novos retos das tecnoloxías, porque históricamente estiveron sempre máis apartadas das modernidades das cidades. Pero é certo que ofrecen moita liberdade, de aí que consideraramos importane ofrecer ese entrenamento.

2) Xestión de emocións e análise de actitudes: estas mulleres ao longo das súas vidas, moitas foron amas de casa, outras amas de casa ademáis de traballadoras fóra do fogar. Iso conleva un estrés por carga de traballo que pola contra non soen sufrir os seus compañeiros masculinos. Creamos aquí un espazo para elas, donde poder desafogar e ver cómo tratar esas emocións que moitas veces as fan sufrir.

3) Recursos para traballar a inclusión: sentimos tamén unha profunda necesidade de traballar este eido, xa que elas son moitas veces as que traballan con colectivos máis excluídos na sociedade. Propuxemos pois, un espazo onde compartir experiencias e ofrecer técnicas que nos axuden á inclusión das persoas na sociedade.

4) Sexualidade e afectividade: entre todo o que temos por facer nas nosas vidas, nunca temos un espazo onde poder pararnos a analizar que é o que nos gusta en torno á nosa sexualidade, en coñecernos, en mimarnos, etc. Aquí propuxemos por un lado o coñecemento científico de diferentes temas en sexualidade, e o análise de actitudes que temos ante ela.

-Cociña con ideas: moitas veces tiramos comida, gastamos demais ou non aproveitamos ben o que temos na casa. Propuxemos un obradoiro para compartir trucos para que isto non nos pase e non malgastar nin comida, nin os nosos bolsillos, nin tampouco as nosas enerxías.


Por outra parte, o proxecto buscaba a reunión de diferentes perfís das localidades que forman o concello de Vedra. Para que nova xente se achegase, soubese en que consiste a nosa asociación, e animalas a participar na mesma, xa que a igualdade non se constrúe se sempre somos as mesmas turrando por ela. Fórmase gracias a que cada vez máis xente coñeza por que estamos empeñadas en facer este traballo dende unha perspectiva feminista.

OBXECTIVOS

Sensibilizar á poboación, sobre todo rural de Vedra, en diferentes eidos formativos. Como foron a xestión de emocións, atender á propia vivencia da sexualidade ou familiarizarse coas novas tecnoloxías.


METODOLOXÍA

A maneira de levalo a cabo foi reunindo varios monográficos que as propias socias da entidade dinamizamos, dende as nosas realidades, dende o que nós coñecemos ou no que estamos formadas. En pequenos grupos de persoas, que resultaron ser case todo mulleres, dinamizamos un espazo no que propiciamos o entendemento, o coñecemento, compartindo diferentes sabidurías, vivencias, medos ou preocupacións.

100% EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN VEDRA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar